Amigos da Gaita

"Amigos de la Gaita Gallega" naceu da man do seu fundador Carlos Suárez Couto arroupado por un reducido grupo de amigos, o 17 de Xullo de 1.962.
 
A sociedade nacía con fins moi sinalados e ambiciosos : un, crear un grupo de gaiteiras (que foi o primeiro dos surxidos en Galicia e para o que Carlos se apoiou no seu irmán Amando e no gaiteiro Primitivo Díaz), que foi coñecido como "As Meniñas da Saudade".
 
 
 
Outro, erixir na Atalaia de Santa Cruz, mirador de Ribadeo sobre a Ría, un monumento en piedra granítica, cincelada polo escultor ourensán Faílde, en memoria do gaiteiro galego, monumento que é o único no seu xénero existente na nosa Autonomía.
 
 
Dende 1965 quedou fixada a data inalterable do 1º Domingo de Agosto para celebrar o "Día da Gaita" durante a celebración da xa existente Romería de Santa Cruz (A Xira), para configurar un festival popular folclórico que está recoñecido de "Interés Turístico" desde 1980 e que se desenvolve ó amparo da fraga que rodea o Monumento ó Gaiteiro Galego e a área recreativa, dotada de servizos con amplos aparcamientos que convirten a tan belo paraxe nun lugar de cita obligada para milleiros de romeiros que allí suben cada primeiro domingo de Agosto.
 
 
O 10 de Maio de 1980 en Asamblea Xeral Extraordinaria, acordouse a creación da Escola para as ensinanzas de gaita e danza, que comezaron a funcionar no curso de 1981, asi como tamén foi incorporado ás actuacións folclóricas que se desenvolven o Día da Gaita - Romería, o acto do Pregón, que se di no Cine-Teatro da vila na tarde-noite do sábado anterior.
 
En 1989, a sociedade, ca aprobación de novos Estatutos (clic para velos na web), adquiriu o carácter de Cultural-Recreativa-Deportiva, contemplándose a figura de Socio Copropietario, modalidade que supuxo a adquisición dun terreo de 8.000 m² ubicado na zona cultural-deportiva da vila, onde xa se construiron 2 pistas polideportivas, debidamente cerradas, e os seus vestiarios, construindose posteriormente un Pavillón Polideportivo, dotado con dependencias sociais, debidamente acondicionado para as actividades que se imparten actualmente e as que sexan impartidas nun futuro a corto, medio e longo prazo.