Clases de Percusión

PERCUSIÓN

 

INICIAMOS CLASES DE PERCUSIÓN

 

PARA TÓDALAS IDADES

 

Interesada/os contactar con

Daniel: 636.843.377

Luis: 616.146.397

 

 Data de inicio: 21/11/2013

Hora: 19:00

 

NOTA:Poderemos adaptar día e hora a posibilidad    da maioría dos asistentes.

 

 

 

   Lémbrase que para asistír as clases débese ser socio (ou fillo de socio e menor de 18 anos) estar ó día no pago da cuota anual e pagar asemade as cuotas de asistencia establecidas na Asemblea do 04/12/2010 

Cartel Xira '14

Cartel Xira 2013

Imaxe tomada na Praza do Ferro de Ourense

LEMBRANZAS DE UN ANIVERSARIO

 
LEMBRANZAS DE UN ANIVERSARIO
50 ANOS DE “AMIGOS DA GAITA”
 
   No ano que vímos de rematar cumpríuse o 50 aniversario da fundación da nosa Asociación e con este motivo celebramos diversos actos que resumimos de seguido:
 
   MARZO: Quixémos facer unha homenaxe aos páis dos alumnos das Escolas, e tamén a tódolos páis, con pasarrúas e actuación no Cantón dos Moreno; aproveitamos asemade para presentar o logo do 50 aniversario que utilizamos en tódalas actuacións de este ano.
 
   ABRIL: Despós de un acordo acadado coa Sociedade Filantrópico- Dramática orgaizamos unha velada de teatro na que O CIOYO representóu “A maldición da pita roxa” con absoluto éxito tanto artístico como de público o que nos déu pulo para que no futuro continuemos esta mesma líña.
   Colaboramos, según é habitual, coa Semana Santa na procesión do Domingo de Gloria.  
 
   MAIO: Co patrocinio da Filantrópica celebramos o “I FESTIVAL INFANTIL”  co gallo do Día das Letras Galegas e coa participación das agrupacións “O ARCO DA VELLA” de San Miguel de Reinante, “AIRIÑOS DO XUNCO” de Cervo e as nosas Escolas; o resultado espectacular e, sin lugar a dúbidas, terá continuidade en sucesivos anos.
 
   XUÑO: Participamos no “XX Festival Infantil” de San Miguel de Reinante.
 
   AGOSTO: Mes clave para esta Asociación porque “toca” A XIRA e, como non podía ser de outra maneira, preparamos un cartel sin reparar en esforzos tanto económicos como persoáis.
   Así para o Pregón contamos coa gaiteira Susana Seivane que nos deleitóu tanto coas súas verbas como coa súa música. En este acto presentamos o libro que recolle os pregóns dende o ano 1.991 ao 2.011 que editamos co patrocinio da nosa Diputación, púxose de seguido a disposición dos Socios e actualmente pode adquirírse nas librerías “Bis a Bis”, “Gráficas Santiago” e “Vivín”. 
   De seguido celebramos unha queimada popular que escenificóu “Airiños do Xunco” de Cervo; madia que as inclemencias do tempo impedísen unha maior asistencia de público, o concerto previsto de Susana Seivane así como acadar maiores ingresos coa venda dos copitos que, en lembranza do 50 aniversario, tíñamos preparados.
 
 
   O día da XIRA enchémolas rúas da Vila dende primeira hora da mañá con sete agrupacións con música e baile e logo celebróuse unha mostra no Cantón dos Moreno e tamén poidemos contar coa participación dos nosos queridos “Cocos e cabezudos” ata o momento de subír a Santa Cruz. Alí continuaron as actuacións polo medio das comidas a despós da tradicional ofrenda ante o Gaiteiro houbo unha nova mostra dos grupos. 
   O día 15 participamos nun festival organizado por Airiños do Xunco en Cervo e o día 18 na festa celebrada no muelle de Porcillán polo Real Club Náutico; tamén participamos nas festas do copatrono da nosa Vila San Roque.
 
   SETEMBRO: Participamos nas festas patronáis en diversos actos e acompañando aos  Cocos e cabezudos.
 
   OUTUBRO: Por fín se acadóu un dos obxetivos que a Xunta Directiva perseguíu dende a súa toma de posesión e fói o poñer en valor as instalacións deportivas da Asociación e así, despós de intensas negociacións con promotores privados e o Concello, inaguróuse o “Club de Padel Ribadeo” que conta con catro pistas de padel, unha de ténis, gimnasio de quencemento e club social; é unha instalación moderna e modélica na zona, adicada fundamentalmente a un deporte en alza e que sin dúbida acadará beneficios para os promotores, para a Asociación e para a poboación e o comercio da nosa Vila.
 
   NOVEMBRO: Celebramos o terceiro magosto popular co notable éxito que a desfavorable climatología permitíu; fói unha tarde- noite chéa de actuacións espontáneas, moita música e baile e remate con queimada.
 
   DECEMBRO: Colaboramos co Concello e con  ACISA con pasarrúas e talleres de música durante o “Mercado do Nadal”.
  
   ¿Cómo vemos o futuro?, póis co total optimismo que nos aporta o contar con unha sólida e crecente masa social que, entre titulares e amparados, acada xá a máis do 10% da poboación da nosa Vila, con récord absoluto de alumnos nas Escolas (falta pouco para os 100 si ben a maioría son alumnos de baile e debemos constatar carencia de novos gaiteiros) e con unha economía que, dadas as circunstancias, podemos considerar saneada xá que nos permitirá acadar os obxetivos marcados.
 
   Procuraremos incrementar as actuacións das Escolas e para élo mantemos diversos contactos mesmo no extranxeiro; poñerémonos especialmente ao dispór das Comisións de Festas das Parroquias xá que temos gran interés en esta colaboración.
 
   De todo élo manteremos informado como é a nosa costume e tamén utilizando as novas tecnologías e así, si ben en fase de probas e en contínua ampliación, está xá a disposición de todo o mundo a páxina web da Asociación no enderezo www.amigosdagaita.org en donde non soio se poden consultar datos i eventos e participar interactivamente senón tamén ligar con outras páxinas da nosa Vila. 
 
   Rematamos dando as grazas a tódolos que nos apoian e axúdan, tanto particular como institucionalmente e, sobre todo, aos nosos alumnos, verdadeiro xérmolo e norte daqueles aos que hoxe nos toca rexentar esta Asociación.
 
   Ribadeo, Xaneiro de 2.013
 
 
   XUNTA DIRECTIVA.
 

Cartel Xira '12

Máis artigos