Pregón de 1984 - Francisco Díaz - Fierros Viqueira

 

Francisco Diaz-Fierros Viqueira.

 

Nacido en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) el 4 de Julio de 1941. Casado. Licenciado en Farmacia en 1967. Becario de la Fundación "Juan March" en 1968 y por el C.N.R.S. francés para ampliación de estudios en Versalles en 1969. Profesor adjunto de Edafologia de la Facultad de Farmacia en 1970 y Catedrático de Edafología y Química Agrícola en 1987. Es autor o coautor de varios libros entre los que se pueden señalar: "Contribución a la Climatologia Agrícola de Galicia" (1971), "As Especies Forestais e os Solos de Galicia" (1982), "Capacidad Productiva de los suelos de Galicia" (1982), "Suelos naturales de Cantabria" (1985), y "La Naturaleza en Galicia" (1988). Ha publicado más de cien trabajos científicos en revistas españolas y extranjeras, asi como articulos de divulgación y ensayo sobre el medio natural, agricultura, e historia y sociología de la ciencia. Lleva pronunciadas más de 50 conferencias. 

Pertenece a diversas sociedades cientificas, siendo Presidente de su Sección I, de la "Sociedad Espanola de Ciencia del Suelo", y pertenece a la "Internacional Society of Soil Science ", la "World Association of Soil and Water Conservation", y la "European Soil Conservation". Fue Director de la Revista "Braña". Es mienbro del Consejo de Redacción de la Revista "Suelo y Planta" y pertenece al Consello da Cultura Galega en representación de la Universidad de Santiago desde 1983.

 

ANO 1984

Meus queridos amigos e paisanos:

Ter que facer un pregón dunha festa, e de unha festa tan fondamente arraigada nas tradicións ribadenses como é o caso da Xira de Santa Cruz, non é tarea doada. Por unha banda, é necesario falar de vivencias, sentimento i emocións, e cando un está afeito a utilizar a linguaxe precisa i escueta da ciencia, non atopa con facilidade a expresión calida e colorista que a ocasión eisixe. Por outra banda, resístome tamén a falar en nome propio e coas miñas impresións máis persoais, cando ainda hai moitos ribadenses, que polo seu saber ou ben decir, deberian falar antes ca min en un acto coma este. Por esta razón escollín un camiño intermedio: o de falar en nome da miña xeneración. Prantexamento que, por outra banda, cadraba ben coas intencións da Sociedade "Amigos da Gaita", porque cando lles preguntei polas razóns de me escoller para facer o pregón, contestáronme "porque habia que dar paso as novas xeneracións ribadenses".

Pois ben, como un representante dunha determiñada xeneración de ribadenses vou eu a falar.

Somos, todos o sabedes moi ben, a xeneración que hoxe temos ben cumpridos os coarenta anos, e, polo tanto, os que nacemos nos anos inmediatamente seguintes a Guerra Civil. Eís a razón fundamental de que foramos unha xeneración numerosa e que superaba con moito ás que nos precederon, e velaí estaba en parte tamén a razón do noso optimismo i empuxe, asi como dos permanentes desexos de festas e xogos que tiñamos, aproveitando o máximo as ocasións e oportunidades que se nos poñian diante cara a diversión, sobor de todo no tocante ás multiples festas populares que se celebraban na comarca: a Virxen de Vilaselan, o San Xoán de Obe, San Pedro de Rinlo, o San Bartolo, San Román, Serantes, etc., puntos e referencia obrigadas para o noso esparcimento. Andando ou en bicicleta, en bote ou camioneta, ou en autobús, as poucas veces que se dispoñía de él, o recorrido puntual de tódalas festas da comarca, convertíase en un pelerinaxe pagano ao que todos andabámos ofrecidos. Con unhas orquestas que non podian agachar as súas deficiencias con altavoces e amplificadores, como se fai hoxe, e unhas condicións topográficas da pista de baile máis ben pouco axeitadas, alí, pouco a pouco, fumos ensaiando os nosos primeiros e furtivos pasos de baile, e tomando os nosos primeiros netos de viño. E foi en ese ambente festeiro e distendido da adolescencia, que quizais a distancia dos anos fai aínda máis atraínte e desexable, cando xurdeu para nós a Xira de Santa Cruz.

E xurdeu, con unha novedade que de primeiras non cadrou de todo ben: a sustitución da orquesta polo sonido úneco i exclusivo da gaita galega. E houbo os seus máis e os seus menos nos primeiros tempos. A oportunidade da data: o primeiro domingo de agosto, e máis ainda, o sitio, ninguén o discutía, máis o uso exclusivo da gaita precisou da fe e a teima dos hirmans Suárez Couto e de aqueles primeiros Amigos da Gaita, aos cales me honra pertenecer, para que se fora impoñendo no decurso dos anos ese costume.

E naceu a festa. E naceu con esa particularidade que a diferenciaba das demáis, poñendo o remate a unha tradición festeira ribadense, que se perde xa na noite dos tempos pois o pobo de Ribadeo, que quizáis non se distingueu na sua historia pola laboriosidade e amor o traballo, como xa nos recoñece a canción co aquelo do "Ribadeo de señoritos" si que destacou en cambio polo seu afán de diversións e habilidade para inventar festas co máis mínimo pretexto. Aínda que moitas de elas foran frores de poucos anos e ívanse coa mesma celeridade coa que se inventaban. De todolos xeitos, no vello Ribadeo existía un calendario máis ou menos permanente de elas, entre as que destacaban as de San Xoan, onde non podían faltar nunca as corridas de touros, e as de Corpus e San Roque, onde as comedias ou lanzamento de globos e fogos artificiais, era o seu complemento imprescindible. As máscaras, hoxe felizmente recuperadas, non podian faltar tampouco en estas festas, sobor de todo nas de carácter máis profano; e a música, que sempre acompañaba estes actos, era en xeral de gaita e tamboril. O Concello ribadense tampouco era alleo a estes desexos festeiros do pobo vilego, e así, en algunhas épocas tiña contratado de xeito permanente un gaiteiro para que, como din as Actas Municipais, "regocijase la villa en todas las festividades del año".

Finalmente, o viño non deberia faltar en nengunha destas festas locais, xa que a xuzgar pola importancia que tiña nos vellos tempos ribadenses o gremio dos taberneiros, soio superado en importancia polos mercaderes e zapateiros, o seu consumo na vila non debía de ser nada cativo. En aqueles tempos, é decir, nos séculos XVII e XVIII, o úneco viño que se bebía era galego, quizáis como consecuencia do precio e dificultades que tiñan os transportes, e quizais tamén pola extraordinaria calidade que tiñan os vinos galegos antes de sofrir as plagas que viñeron despois. E polos precios que se pagaban por eles, podíase ter tamén unha idea dos gustos e preferencias dos ribadenses de aquela, e así, o máis valorado, era, sen dúbida, o ribeiro de Ribadavia, polo que se pagaban 12 maravedises o cuartillo, os de precio intermedio eran os de Amandi e Betanzos polos que se pagaban 7 e 6 maravedises, respectivamente, e o viño polo que se tiña menos estima era o do país, é decir, o da comarca de Ribadeo, polo que se pagaban somentes 4 maravedises. En calqueira caso, e a pesares da probe calidade que lle impoñía o bretemoso clima local aos viños da comarca, é toda unha evocadora tentación o procurar imaxinar o gosto e paladar que terían os viños do País de Ribadeo. Quizáis, e aventurando un pouco a partir de semellanzas climáticas, sería un vino floxo de graduación e de un paladar semellante ó que hoxe ten o das mariñas betanceiras.

De tódalas maneiras, a Xira de Santa Cruz, non é soio evocadora do ambente e as ilusións festeiras ribadenses, senón que tamén, e dende os seus primeiros tempos, sempre se a quixo mirar como un símbolo de galeguidade, primitivamente polo uso exclusivo da gaita, e posteriormente coa incorporación de toda unha simboloxía que reforzaba ese carácter de festa étnica e ritual. E asi, Ribadeo, porta de Galicia, coa a sua chave incorporada á heráldica local, non deixou nunca de representar para os viaxeiros cántabros o primeiro punto de encontro co País Galego. Quizais non se teña reparado abondo o que representou para a historia de Galicia o feito de que o país soio tivera tres vías naturais de comunicación coa Peninsula: a parte baixa do Miño, o cauce do Sil, e a desembocadura do rio Eo. O resto das nosas fronteiras non son máis que montañas que, en xeral, presentan graves dificultades para o seu acceso. Pois ben, por eses tres pasillos por onde Galicia se comunicaba co resto do mundo civilizado, foi por onde se estableceron os seus principais intercambios culturais: recibindo de fora os influxos e aportacións que convertiron a Galicia nun pobo civilizado en puntual sintonia cos movimentos culturais europeos, ou ben proxectando o ser e o sentir galego fora de sí, alén das súas fronteiras, como aconteceu coa parte máis occidental asturiana, co Bierzo, e o pals miñoto portugués.

Pois ben, un de eses tres puntos neurálxicos da historia cultural de Galicia, foi, sen dúbida, a comarca ribadense. Por ela se recibiron fundamentais influxos culturais, alén do rio Navia, na época dos castros, por ela tamén, e máis adiante se estableceu unha vía secundaria de pelerinaxe a Santiago que trasmitía polo cantábrico adiante, deica a mesma Euskadi, as resonancias xacobeas.

Andando o tempo, e xa no século XVII cando as rías asturianas occidentais perderon o seu calado para os barcos de un certo tonelaxe, o porto de Ribadeo foi a súa saída natural cara a asturiana e a galega, principian a sua andadura, a comarca de Ribadeo deberia ser o punto obrigado do seu encontro natural.

Non é extraño polo tanto, que inda que mixturado coas naturais influencias de tódolos pobos fronteirizos, a galeguidade ribadense seña incuestionable, e así a propia fala da comarca non deixa de responder os principios básicos do idioma galego. Por outra parte, destacados ribadenses viñeron aportando dende sempre o mellor do seu talento i esforzo ao desenvolvemento da cultura galega, e así por citar somentes un nome falaría de Francisco Lanza, xornalista local, autor de tres libros, e pertenecente ao Seminario de Estudos Galegos, unha das institucións que máis levan feito polo renacer da cultura material i espiritual do pobo galego. Non é circunstancial, polo mesmo, que dende sempre se manifeste en Ribadeo unha corrente de aprecio e valoración de todo o galego que chega ata os mesmos nosos dias, de tal xeito, que ese simbolismo de "Chave de Galicia" sirve non soio para destacar a súa particular situación xeográfica, senón tamén para distinguir unhas constantes culturais de fala, tradicións e costumes, que para o forasteiro que chega as nosas terras lle sirven sempre para decatarse de que xa se encontra pisando de certo, o chan galego.

Finalmente, a Xira, ademáis de festa e de evocación do galego, supón sempre para todos os ribadenses e forasteiros que a ela suben unha nova oportunidade de contemplar a incomparable paisaxe que dende aquelas alturas se admira: o nacimento da ría alá nos fondos de Porto, achegándose pouco a pouco cara a nós, en prateados retrincos de auga que os pineirais e caseiros deixan adiviñar de vez en vez.

De diante de nós, amostrándose na súa total prelintude, o espacio máis enmarcado pola proa áxil e cortante de Castropol e o telón de fondo das casonas de As Figueiras. E de novo a ría desaparecendo e sustituíndose polo perfil urbán de Ribadeo, coas bermellas torres dos Moreno realzadas sobor do gris dos tellados de lousa vilegos, para reaparecer, en vision de lonxanía, na ensenada de Arnau e a punta da Cruz. No fondo, e xa como un horizonte que se perde da vista, o mar de fóra que vai dende os Farfallóns de Burela ata o Faro de Tapia, recollendo nas súas augas o caudal que o rio Eo xuntou polas terras de Meira e Piquín.

Ista contemplación afervoada e silenciosa da ría e o seu marco natural dende os altos de Santa Cruz, é un feito casique ritual i relixioso que os ribadenses repetimos sempre que temos a minima ocasión para facelo. E se hai unha identificaión panteísta entre home e paisaxe, penso que éste é un dos sitios máis axeitados para esta celebración da vida e da Natureza.

Os hirmáns Suárez Couto tiveron mui en conta esta particularidade do monte e no seu proxecto de urbanización do mesmo, ainda hoxe non rematado, decidiron a separación de dous espacios: o da festa relixiosa e profana coa sua cruz, capela, monumento ó gaiteiro e palco, e o espacio da contemplación e admiración da paisaxe, coa balconada e mirador sobor da ría. E penso que se se pode falar dunha xerarquía de valores para os hirmáns Suárez Couto, en esta división dos espacios de Santa Cruz sobor de todo no caso de D. Amando, pintor por enriba de todo, era máis importante a contemplación limpa e sen atrancos da paisaxe que todo o demáis.

E xa remato, lembrándovos que a Xira de Santa Cruz, con casique trinta anos de historia, é de feito a segunda das festas ribadenses, despois da Patrona. En ela hai todo un conxunto de evocacións e circunstancias que a convirten no centro e punto de referenda dos vrans ribadenses. A festa naceu da man duns ribadenses ilustres, e foi sostida deica os nosos dias por unha Sociedade prestixiosa e con pulo popular. E hoxe, despois de moitos ensaios do que aquelo poidera ser, se foi perfilando o xeito que debe ter esta festa. É decir, estase acadando a súa madurez.

Pois ben, a nosa xeneración, que foi testigo xa do nacimento i esplendor de moitas iniciativas ribadenses, tamén o foi da sua decadencia e morte por falla do apoio popular. Hoxe a Xira de Santa Cruz é unha festa arraigada, forte e con tradición, máis a súa continuidade vai a depender, sempre, da ilusión e o traballo calado de unhas poucas persoas, que poden chegar a ficar cansas e fartas se non contan co alento de todo o pobo. Por eso, eu vos pediría, simplemente, que non lle falte nunca o apoio a ese grupo de xente que dende os tempos de José Fernández Cancio e Pepe Rañón fixeron posibie a continuidade e o engrandecemento da festa.

Amigos: unha nova Xira empeza, que o bo tempo nos asista e un mellor humor nos acompañe.

Moitas gracias.

Ribadeo, 4 de Agosto de 1984