Pregón de 1997 - Luz Pozo Garza

PEQUENO PREGÓN DAS GAITAS (Nostalxia e aviso de prudentes) - LUZ POZO GARZA

 

Adicado a Dionisio Gamallo fierros,

vello amigo, que tanto ama a Ribadeo.

 

RIBADEO, RIBADEO… ¡COMO VAN AS PALABRAS

COMPARTIDAS NESTA HISTORIA DA VIDA QUE SE

ASUME NO TEMPO…!

UN SON DE GAITAS DE MENIÑAS LEDAS CHÉGAME

NESTA TARDE FERIDA DE SAUDADE EN RIBADEO.

NESTA TARDE DE AGOSTO UN SON DE “FOLLAS

NOVAS” REVOA NO DESVELO QUE SE XESTOU NA

INFANCIA,

E PASA O SON DAS GAITAS COMA PASAN AS ALBAS.

COMO PASAN AS AVES MATUTINAS POR ENRIBA DAS

ONDAS QUE AMEI CANDO ERA NENA.

COMA PASAN OS RIOS QUE VAN MORRER Ó MAR.

E VAN NESE VESVELO AS PRIMEIRAS NOTICIAS DUN

MUNDO QUE SE ENTREGA:

A CHUVIA NOS CRISTALES.

AS PRIMEIRAS PALABRAS

BALBUCIDAS.

AS PALABRAS DA TRIBO

PARA CHAMAR A NAI PARA

PEDIR O PAN.

AS PALABRAS DO ENTORNO:

ALTAS

HERBAS.

REGATOS.

UNHA

POMBA QUE FUXE.

O AMENCER

E OS

CREPÚSCULOS.

OS CARROS

DA SAUDADE…

AS RUAS SEN ARISTAS DO MEU TEMPO DE NENA.

AQUELAS LILAS QUE PASABAN OS MUROS DUNHA

INFANCIA INOCENTE. O AROMA INEXTINGUIBLE DA

SUA INFLORESCENCIA. DAQUELA CASA CON XARDIN

PECHADO POLA ENTRADA DA VILA.

E AQUELA MAR DE CABANELA.

O OLOR DA MARUSÍA –ESCUMA –ALGAS-AREAS QUE

ESCORREGAN BAIXO OS PES.

UN ANXO QUE PASABA EN FIGURA DE NEVE

PARA ENVOLVER O SOÑOS.

PÁXAROS LEDOS –FONTES –

OU FÁBULAS DE INFANCIA…

UN RIO BENAMADO QUE MARCA OS LÍMITES DA

PATRIA

E VAI BICANDO CON AMOR INMENSO OUTRAS

RIBEIRAS PRÓXIMAS E AMADAS,

NOS MOTIVOS DE HERACLITO.

ASI VAMOS FERIDOS POLO AMOR E AUSENCIA

NO CORAZÓN QUE SE DECLARA EN SOLITARIO.

ESTE AMOR QUE NOS MEDRA POR DENTRO E SE FAI

INMORRENTE

XA QUEDOU NA CONFIDENCIA A ROSALIA

CANDO ELA E EU NOS ENCCONTRAMOS NUNHA

VOLTA DO TEMPO E CONVERSAMOS

COMO VELLAS AMIGAS SENTADAS NUNHA PEDRA

LUÍDA POLA CHUVIA.

“Eu era unha meniña que escoitaba na noite o fluir do

silencio nas paredes, nas tempas e no medo das sombras. E

baixaba de día na ingravidez da idade á praia dos domingos,

cunhas sandalias novas de cor azul celeste. Iban chegando as

ondas e deixaban argazos misteriosos, algas de vixiguiñas. Fíos

de prata longos. Filamentos sensibles. E salitre nas mans. E pola

area os despoxos quizais dalgún naufraxio na mar maior…

Eu entón non sabia o que morre de nós e o que queda á deriva.

Pero escoitaba as verbas da túa escrita cando virabas cara ó mar

da morte. O esquezo, o puro olvido nas ondas da existencia,

emblema dos naufraxios”.

RIBADEO, RIBADEO… NO PRINCIPIO DA AURORA.

RIBADEO, RIBADEO… NO PRINCIPIO D VIDA.

NA ORIXE DUNHA MÚSICA DIVINA DE CLARAS

RESOANCIAS.

DUN INSTANTE REMOTO QUE PERVIVE NA ALMA E

VAI DEIXANDO NELA

UNHA MENSAXE LIBRE COMA BRISA.

UN CREAR DE GAITAS PRIMIXENIAS QUE PASAN

COMA UN RIO…

PRIMEIRO FOI A MÚSICA.

DESPOIS FOI A PALABRA.

NO PRINCIPIO XURDIU A HARMONIA INCONSÚTIL

QUE SE AMOSA NA FLOR:

PODO LER O UNIVERSO COMA UNHA PARTITURA

CANDO CONTEMPLO A RIA.

NESA ESCRITA DIVINA QUE NOS DÁ AS CLAVES DA

NAUREZA EN COMPARANZA

COA VIDA DO HOME E OS AVATARES DA ROSA…

VAI A HARMONÍA INCISA NOS CATRO ELEMENTOS

QUE CONFORMAN O MUNDO:

A TERRA

O LUME

A AUGA

O AIRE

VALES DE RIBADEO DE EXTENSOS HERBAZALES E

MONTAÑAS AZUIS

-COMO CONTEMPLADAS POLO PINTOR ROMÁNTICO

DIONISIO FIERROSOS

AIRES QUE AGASALLAN OU FIREN

DESTEMIDOS.

O LUME NAS LAREIRAS DE SAGRADA

MEMORIA E NA CHAMA DOS CIRIOS

QUE ACOMPAÑAN A MORTE.

AS AUGAS DOS REGATOS E DAS FONTES.

AS AUGAS PODEROSAS DOS NOVENTA

KILOMETROS DO EO

DE FONTANEIRA Á VEGADEO

QUE SE ME PON UN NÓ NA GORXA CANDO

PRONUNCIO

“EO”.

O MAR, A MAR, AMEINA.

E CASTROPOL Ó LONXE NA OUTRA BANDA DA

BRÉTEMA

NA HARMONÍA DAS ONDAS DUPLICADAS.

O MAR, A MAR, ESPELLO DA EXISTENCIA…

DICIA HAI TEMPO O PATRIARCA OTERO PEDRAYO,

FIDALGO DE TRASALBA, QUE

“CADA CIDADE HISTÓRICA E CADA HOME ALENTAN

DUN XEITO SEU NA VIVENCIA

DOS CATRO ELEMENTOS”

¿CÓMO ALENTA RIBADEO NESTA TARDE DE VÉSPERA

QUE SE DESVELA EN GAITAS?

POIS VAI COMA O RIACHO AQUEL DE CANTALARANA

TRANSPARENTE DA INFANCIA

QUE NON BORROU O TEMPO.

VAI NESA MÚSICA CELTA DE RAPARIGAS NOVAS

QUE CONVOCAN A MAXIA DA FESTA EN RIBADEO.

ANOVADA NUN RITO A EMOCION XERMINAL DUN

PASADO DE ESCUROS AVATARES

QUE NON HEMOS PERDER:

LEMBRÉMONOS DAQUELAS GAITAS CELTAS

VIRILES

DO COMBATE QUE PRECEDÍAN ÁS LANZAS E ÁS

ESPADAS.

AQUELAS CORNAMUSAS SON AQUÍ EN RIBADEO

O PRELUDIO FELIZ

DESTES DIAS DE XIRA ANUNCIADOS POR RAPAZAS

SAUDOSAS.

PORQUE NADA SE PERDE E TODO SE TRANSFORMA.

OS MITOS DE MILENIOS SE CONVERTEN EN FESTA.

E HAI MÚSICA NAS RÚAS E FOLGO EN SANTA CRUZ

QUE TALVEZ FOI NOUTRORA UN SANTUARIO CELTA

CON FACHOS ESTELARES.

O GRANDE ARTISTA E ORIXINAL POETA LUIS

SEOANE.

NO LIBRO “AS CICATRICES “ DO ANO CINCUENTA E

NOVE

EVOCA NUN POEMA FERMOSAMENTE TITULADO “A

DIADEMA DE RIBADEO”:

GUSTARIA O POETA DE VIVIR NAQUEL INTRE

DATAS SEN PRECISAR. GUERREIROS VICTORIOSOS.

“QUIZAIS DA FUNDACION DOS NOSOS MEDOS”. DI O

POETA:

“COMA TIVESEMOS QUERIDO TER NOS LUMES

CEIBES DAS

MONTAÑAS,

NAS MISTERIOSAS LABARADAS DO MAR,

NO AGUZADO VOO DAS AVES.

AINDA NAS QUENTES ENTRANAS

ANIMAES,

OS AGOIROS DO NOSO PRESENTE”.

O POETA LUIS SEOANE QUERERÍA RESUMIR NOS SEUS

APELIDOS

CANDO ANDOU DESTERRADO,

“O DERRAREIRO BERRO DOS MORTOS”

O APELIDO DO TEU POBO, (DI O FINAL):

“DIADEMA DE RIBADEO”

¡QUE FERMOSA LEMBRANZA –PENSO EUDO

POETA EXILIADO QUE SOÑA CON GALICIA!

DIADEMA DE RIBADEO

PARA LEVAR NA FRONTE CON MISTERIO DE LUME.

LABARADA DE ESTRELA.

SINAL DE IDENTIDADE DUNHA ESTIRPE.

NOS PRECIOSOS DEBUXOS DE LUIS SEOANE

NON PODÍA FALTAR A HOMENAXE CORDIAL A GAITA

GALEGA:

AQUELES RAPACIÑOS NOVOS CON TRAXE REXIONAL

E FAZULAS CARNOSAS,

ATEIGADAS DE AIRE.

SEMELLAN SEREN PRECEDENTE DA GAITEIRIÑA DE

ISAAC DÍAZ PARDO:

TRÁTASE DA ESTATUIÑA –UNHA MITADE NENA

OUTRA MITADE ANXOQUE

CONMEMORA O ANO SANTO EN COMPOSTELA.

A GAITEIRIÑA ANXELICAL DE DÍAZ PARDO

VAI DECALZA E LEVA UN SEO DE FORA

PARA QUE QUEDE CLARA A SUA CONDICIÓN DE

FÉMINA.

LEVA TAMEN NAS AZAS UNHA LENDA FERMOSA DE

BENVIDA E SAUDO:

“CHEGAS A

COMPOSTELA/POR ESTA VELLA/ PORTA

DO CAMIÑO FRANCÉS/POLA

QUE VEÑEN/DENDE O CONFIN

AZA PRIMEIRA: DO MUNDO A DENDE HAI

SÉCULOS/

PELEGRINS FERIDOS POLO

AMOR DESESPERADO E POLA FE/

A LLE PEDIR AXUDA AO

NOSO SANTO/

DENDE ACÓ TE SAUDO CON/

AZA SEGUNDA: ESTAS AZAS GASTADAS

POLO TEMPO/

QUE XA NON SIRVEN PARA

VOAR/

SOPLANDO NESTA GAITA,

UNICO QUE FICOU/

POIS COS PELEGRINS

CHEGABAN MESTURADOS/

GALLOFOS DISFRAZADOS

= = == ==

PARECE SER O NOSO SINO RECIBIR ÓS QUE CHEGAN

DARLLES UNHA BENVIDA DE AMIZADE E SAUDO.

ABRIRLLES VELLAS PORTAS E SENTALOS A MESA.

COMPARTIR PAN E VIÑO

E UNHA MUSICA LEDA

SE AS AZAS VAN GASTADAS E NON VOAN NO REINO

DO DELIRIO…

MAIS AQUÍ EN RIBADEO AS COUSAS SON DISTINTAS

AS AZAS NON SE LUXAN: VOAR SEMPRE E DOADO.

POR ESTAS TERRAS BENAMADAS PASA UN VENTO

QUE TEN DOMINIO PROPIO.

AS VECES AGARIMA. AS VECES FIRE.

LÉMBROME CANDO NENA DOS EUCALIPTOS

XIGANTES ABATIDOS NA NOITE.

LÉMBROME DUNHA BRISA DELICADA QUE OREABA

O XARDIN.

ERA UN AIRE DE MUSICA.

AGORA PASAN AS GAITAS QUE NOS TRAEN A

MEMORIA DAS CANTIGAS DE AMIGO.

PORQUE OS MITOS NON MORREN.

PORQUE MORAN NA ALMA DAS XENTES E DOS

POBOS.

PORQUE CONVOCAN RAZAS E LIÑAXES

E MANIFESTAN O QUE A HISTORIA ESCONDE.

REVELAN O PERDIDO. REVELAN O QUE OS TEMPOS

AGACHAN.

O QUE NON SE PODE DEMOSTRAR POLAS CIENCIAS

HISTÓRICAS.

PERO ESTA AÍ

E EXITE.

E ESTA NO NOSO ADENTRO…

XA TEÑO CONFESADO QUE

PERTENZO A ESE CONCERTO DE XENTES QUE CREN

NA SUPERVIVENCIA DUN

CELTISMO OCEÁNICO:

PARTICIPAMOS DO MITO DAS TERRAS ASOLAGADAS.

NUNCA ESQUECEREMOS

O MITO DA ATLÁNTIDA QUE PLATON RELATA

EXTENSAMENTE NO TIMEO E O CRITIAS.

XA TEN DITO LUIS SEOANE QUE OS GALEGOS

ESTAMOS AFEITOS ÁS VILAS MERGULLADAS.

CANDO NENA, VIVIN CON ARREPIO O MISTERIOSO

RELATO

DO ASOLAGO DA VILA DE ESTABAÑON / IMPOSTO

COMO CASTIGO DIVINO A IMPIEDADE

E SOBERBIA DAS SUAS XENTES: / O POSTOLO

SANTIAGO VAI DE ESMOLEIRO POLA

VILA. / UN ZAPATEIRO PERVERSO TIRALLE UNHA

FORMA DE FERRO Á CARA. /

O APOSTOLO FERIDO PRONUNCIA ESTAS PALABRAS

TERRIBLES DESDE O MEONTO FARO

NA RÍA DE VIVEIRO:

“ARREVIRATE VILA CO DE ABAIXO PARA ARRIBA”

A FURIA INCONTROLABLE DO MAR INUNDA A VILA

DE ESTABAÑON, FACTORIA ROMANA.

OUTRA LENDA QUE ME ATORMENTABA DE NENA EN

VIVEIRO ERA A DO POZO DE PIAGO:

AQUEL MONSTRUO DAS AUGAS SINISTRAS E AS

CAMPÁS DA CAPELA QUE CAERON NO

FONDO. / O QUE SE ATREVÍA A ASOLAGARSE

NAQUEL LUGAR MALDITO

NON SAÍA CON VIDA…

SOBRE AS ONDAS DO CANTÁBRICO DO EO

-QUE NA NOSA RÍA SEMELLA UN LAGO BÁLTICO

NESA UNIDADE CÓSMICA DO NORTECIRCULAN

COAS AVES MISTERIOSAS

COAS AVES FRIAS DO SEPTENTRIÓNOS

SOÑOS PRIMORDIALES QUE NOS INSPIRAN UNHA

FONDA SAUDADE BOREAL E MÍSTICA.

ESTÁ NA ALMA DOS POETAS DE GALICIA.

ESTÁ NA POESÍA DE ALVARO CUNQUEIRO.

ESTÁ NO “INCERTO SEÑOR DON HAMLET,

PRINCIPE DE DINAMARCA”.

LEMBREMOS AS DECLARACIÓNS DO AUTOR

QUE CONFESA AS SÚAS TEIMAS,

PÁLPITOS E SOSPEITAS QUE O LEVATON A

REESCRIBIR A TRAXEDIA DO

CASTELO DINAMARQUÉS DE ELSINOR:

“AXEITO EN HAMLET… AS

MIÑAS TEIMAS…COMA

NOUTRORA AXEITEI NO

VELLO MERLÍN… O MEU

AMOR

ÁS MAXIAS E O MILAGRE. I

ESTO VAI BEN ASÍ, BEN

ME DECATO, PORQUE EU

CREO NOS MITOS.”

AS AVES, OS CEOS, O MAR, OS MITOS.

TODO NA UNIDADE INMARCESIBLE DESE ESTRATRO

PROFUNDO E INNATO DO HOME:

O INCONSCIENTE COLECTIVO NAS TEORÍAS DE JUNG.

HAI NO “CREPÚSCULO CELTA DE W.B.YEATS –O

GRANDE POETA IRLANDÉSUNHA

INTERESANTE REFLEXIÓN QUE LEVA POR

TITULO “TERRA, LUME E AUGA”

(“EARTH, FIRE AND WATER”) ONDE PARTE O AUTOR

DA IDEA DE QUE SE O

EXODO POLO DESERTO FIXO INDESTRUCTIBLES OS

XUDEOS, A CHUVIA E

AS AUGAS DOS RIOS, OS MARES, OS LAGOS E A

BRÉTEMA FIXERON

ÓS IRLANDESES A SÚA IMAXE E SEMELLANZA.

YEATS ESCRIBE ISTO EN 1910: SE EN TEMPOS

MÍTICOS ERA POSIBLE FALAR

CARA A CARA COS DEUSES, NA ACTUALIDADE OS

CAMPESIÑOS SON QUEN DE FALAR

COS MORTOS. E MESMO A XENTE CULTA PODE

SOSTER A SÚA MENTE NO

ESTADO TRANQUILO DAS AUGAS, QUE O ESTADO

PROPIO DA VISIÓN,

E ASÍ ALBISCAR UNHA VIDA MAIS CLARA E

INTENSA…

HAI QUE PENSAR, XA QUE LOGO; QUE W. B. YEATS –

PREMIO NOBEL EN MIL NOVECENTOS VINTETANTOSRELACIONABASE

CON MADAME BLAVASISKI,

FUNDADORA

DO MOVEMENTO TOESÓFICO;

E FOI UN ESPÍRITU SIMBOLISTA ESOTÉRICO QUE

ACOLLE O VELLO SIMBOLO

DA ROSACRUZ XA UTILIADO POR DANTE E POR

LUTERO…

PERO A PARTE DO ESOTERISMO POÉTICO, QUE

QUEDA MOI LONXE,

HAI TEORIAS MAIS ACTUALES COMO AS

SUSTENTADAS POR ERNST CASSIRER,

QUE DESCUBRE NO HOME PRIMITIVO UN ACTO DE

CREACIÓN ESPIRITUAL

QUE EL CHAMA “CONCIENCIA MÍTICA”.

TRÁTASE DO SENTIMENTO DE CONTINUIDADE COA

NATUREZA E DA ABSOLUTA

INMERSIÓN DO HOME NO COSMOS.

TAMÉN LEVY-BRUHL ACOLLE ESTAS IDEAS NA SUA

“PARTICIPACIÓN MÍSTICA”

DO UNIVERSO, O QUE SEGUNDO EL EXPLICARIA O

FENÓMENO DO TOTEMISMO.

E PARA REMATAR -TRAS DE TANTA DECLARACIÓN

DE SAUDADENA

HARMONÍA DAS GAITAS E DOS ACTOS LÚDICOS

QUE NOS AGARDAN, GUSTARÍAME

RECORDAR OS PRUDENTES AVISOS E CONSELLOS

DOS NOSOS SABIOS GALEGOS:

O DOUTOR GARCÍA-SABELL E O DOUTOR ROF

CARBALLO, QUE HAI POUCO

NOS DEIXOU.

DICIA GARCIA-SABELL –E ROF CARBALLO RECOLLE

O MIOLO DAQUEL ENSAIO

EN “ROSALIA, ANIMA GALACIA”- QUE O GALEGO

CONXURA O MUNDO DÁNDOLLE

A SÚA PERSONALIDADE MOI SUBXECTIVAMENTE:

“HAI NESTE DRAMA UN DIALOGO

FANTASMAL PORQUE, EN REALIDADE, UN DOS

INTERLOCUTORES E A IMAXE

ESPECULAR DE SI MESMO”.

DESPOIS DESTE PLANTEAMENTO, ROF CARBALLO

CHEGA A UNHAS CONCLUSIÓNS

MOI PUNTUALES ENCOL DOS RISCOS DA EXCESIVA

TERNURA GALAICA (NA QUE

EU NON QUIXERA CAER TOTALMENTE): RESUMO:

POR UNHA BANDA, SENTIMENTALISMO

EXTREMO, SENSIBLERIA. COMPLACENCIA

NO SUFRIMENTO. INFECUNDO FANTASEAR,

PASIVIDADE, RENUNCIA

A LOITA POLA VIDA. TAMEN FALA NOUTRAS

PÁXINAS DE PANTEISMO

MATERIALISTA QUE CEGA A

TRANSCENDENCIA CARA Á DEUS.

E CONSTE QUE ISTO O TRANSCRIBO ESPECIALMENTE

POR MIN: POLA MIÑA

NOSTALXIA DE RIBADEO QUE MEDRA COS ANOS. AS

LEMBRANZAS QUE

NO MARCO DA INFANCIA SE FAN DOENTES E FIREN.

(TOMO NOTA DO AVISO)

POR ISO QUERO SEGUIR LEDA A MELODÍA DAS

RAPACIÑAS

GAITEIRAS POLAS RUAS DE RIBADEO.

SEMPRE CONVOSCO. MEUS AMIGOS,

CON ÁNIMO GOZOSO E ESPÍRITU DE FESTA.

MOITAS GRACIAS.