Pregón do 2000 - Roberto Rodríguez Rodríguez

PREGON DA XIRA DE SANTA CRUZ ANO 2000.

Roberto Rodríguez Rodríguez

 

Nado en Ribadeo en 1953.

Diplomado en Profesorado de E.X.B., especialidade de Ciencias Humanas pola U.S.C. Iniciou a carreira profesional no colexio Sagrado Corazón de Ribadeo en 1976 e en 1979 ingresa por oposición no Ministerio de Educación e Ciencia con diversos destinos. En 1989 incopórase ó centro de E.P.A. Dámaso Alonso de Ribadeo do que é Director de 1991 a 1998, ano no que é destinado ao I.E.S. Dionisio Gamallo Fierros no que exerce a docencia no departamento de Xeografía e Historia. Colaborou en publicacións sobor do Condado de Ribadeo e tamén nos libros homenaxe a varios egrexios persoaxes da súa vila natal; é conferenciante e colaborador de diversos medios audiovisuais locais, rexionais e nacionais. Preside a Asociación Cultural Dámaso Alonso e forma parte da Coral Polifónica dende 1978; está vencellado á vida cultural da bisbarra a través de Amigos do Eo.

 

Minas donas, meus señores, amigas a amigos:

Sean mis primeras palabras de bienvenida y acogida a todos los que, venidos de otras tierras, nos visitan en estas fechas.

Decirles que quién les habla, lo hará en gallego, no como signo distanciador o falta de cortesía, mas bien de enriquecimiento y exposición a través de la palabra del sentir de las gentes que poblamos este hermoso rincón del noroeste peninsular.

Hacer la exaltación de una fiesta tan gallega como la que hoy me corresponde pregonar, incita a hablar, si uno fuera capaz, en castellano, catalán, euskera, francés, italiano, alemán o portugués. De ese modo llegaría al mayor de los números posible de potenciales visitantes.

Esta orientación correcta y asumible tiene mucha coherencia pero, a mi modo de entender las cosas de la vida, cuando viajo, y no creo ser nada original, gusto de sumergirme en la vida diaria y las costumbres de las gentes de esos lugares nuevos para mí, y por supuesto en su idioma.

De modo recíproco, cuando alguien nos visita, gusta de acercarse a todo aquello que distingue nuestra tierra:

paisaje, arquitectura, música o gastronomía, de la que no puede faltar el pulpo, empanada, callos, caldo o marisco. Pero ese cuadro estaría incompleto sin las personas, sin nosotros, en nuestro diario devenir, expresándonos en nuestra lengua materna gallega. Saben nuestros visitantes aquí presentes que Galicia es tierra acogedora por naturaleza; en nuestra alma llevamos la emigración muy marcada y, sin faltar a la cortesía, un día como hoy de exaltación de nuestro folclore en forma de romería, Xira de Santa Cruz; con un instrumento de rango universal, la gaita, y la figura insigne del gaiteiro, no puede ni debe estar ausente nuestra lengua materna.

 

Feita esta declaración de intencións, cómpre suliñar o desacougo queme invade por ocupar esta tribuna.

Sei que é unha honra pregoar a nosa Xira a Santa Cruz e agradezo á Directiva de Amigos da Gaita a distinción que me otorgan, mais saben os que ben me coñecen, e algúns hai neste fermoso Auditorio, que non son amigo dos primeiros planos, ainda que non o pareza. Iso é consecuencia de vivir nunha vila cativa -xa non tan cativa- e como consecuencia ocurre o mesmo que nas obras teatrais de muitos personaxes nas que uns poucos actores tenen que desdoblarse para levar adiante a representación.

Asi é como poido explicar o por que de ser membro da Coral Polifónica dende fai vintedous anos ou da Asociación Cultural Dámaso Alonso, sabendo por experiencia propia o esforzo que supón organizar as festas da Patrona, o Antroido ou mesmo entrenar o Ribadeo F.C. na categoria xuvenil. Os ribadenses certamente temos defectos, algúns incluso de rango capital, pero non se nos pode negar o noso carácter emprendedor.

 

Lástima que entre as nosas virtudes non abonde a constancia.

A miúdo gustamos de presumir da nosa vila, un defecto coma outro calquera. A veces, metade en broma, metade en serio, cando me preguntan pola mina profesión, contesto seriamente: Ribadense, Si, ribadense.

Esta profesión non catalogada na Universidade nin na Formación Profesional, conséguese con anos de práctica, deixando aflorar esas inquietudes que os ribadenses levamos dentro. Si me permiten unha confidencia, a miña profesión nun é a de ribadense. Non. Soio son aprendiz dos primeiros cursos desa difícil carreira que nun ten final.

 

Dicía Descartes que “sentir non é outra cousa que pensar”. O filósofo pasou anos intentando comprender o lugar exacto onde a alma entraba en contacto co corpo. Lástima non coñecer ese lugar crítico da nosa xeografía vital.

Pois si a miña alma é fiel á obriga que me impuxeron os Amigos da Gaita, o corpo fai un requebro que me recorda os anos de estudiante e, sobre todo, a época de exames. Como sería que miña nai me interrogaba entre bromas e veras ó verme tan inquedo: ¿Tes examen de matemáticas?

Non necesitaba artellar palabra,levaba escrita na cara a resposta.

 Hoxe, como non podía ser doutro modo, teño esa sensación do examinando, sobre todo de matemáticas, porque os ribadenses ás veces somos crueles e inmisericordes con quen osa levanta-la cabeza un pouco mais da conta,

sobre todo si é por presunción ou pedantería. Prometo que o meu ego non me incita a falar dende a altura desta tribuna. Fago miñas as palabras de D. Ramón Otero Pedrayo cando comentaba das súas clases: “Páganme por facer o que me gusta e demáis asegúranme a presencia do público ".

Esa mesma sensación me invade no Instituto Gamillo Fierros.

Dionisio Gamallo...Pasan os meses desde que nos deixou e a orfandade é cada vez máis grande. O meu corazón chora, sen rubor, como seguro choran os vosos corazóns. Ribadeo, os ribadenses sentímo-la orfandade porque Dionisio era, é, e será sempre un ribadense bo e xeneroso. Nacido para interpretar toda a súa vida papeis estelares.

Era tal a sua valía e capacidade que o inundaba todo. Empreñando un símil astronómico, Gamallo era o Sol da cultura ribadense.

Figura poliédrica, tocado para conquerir grandes metas, nunca perdeu de vista no seu rumbo todo aquelo que significase engrandecer as súas amadas terras do Eo, e sobre elas seu Ribadeo e os seus paisanos. Un Ribadeo que criticaba con teimosía, non por falta de cariño, senón polo inmenso amor que lle profesou ata o último dia da súa vida. Tamén él honrou ó Gaiteiro galego na inauguración do monumento o 1 de agosto de 1965, dirixindo a publicación do periódico ”LA ALBORADA DEL GAITERO”, número primeiro e único, no que gaita e gaiteiros están presentes en poemas do Eladio Rodriguez, Noriega Varela, Amado Carballo, Xosé Conde e Díaz Jácome, entre outros.

A derradeira Xira na que recordo a Gamallo foi a do 97; acompañando a súa amiga da alma, Luz Pozo Garza, pregoeira ese ano, na ofrenda floral ás cinco da tarde diante do monumento ó Gaiteiro. Conservo unhas fotos fermosas, xa históricas, feitas por min clandestinamente e que agradeceron cando viron o resultado e os regalei cunhas copias. 

Pensando neles e na figura do noso Gaiteiro, do Gaiteiro universal galego, acude a miña memoria Rilke cando escribía " o artista é a eternidade que penetra no tempo ".

Dese artista, do gaiteiro, feito eternidade souben moi cedo. Retrocedendo ós primeiros recordos da infancia, aparece a gaita, seu tacto, seus sons, os gaiteiros e a súa roupa de festa. Xa antes de ter capacidade memorífica. A razón é sinxela. Meu pai era gaiteiro. Para min, fillo emocionado, o mellor gaiteiro do mundo. Por iso, falar da Xira e de Santa Cruz, en min pode asemellar mesmo esaxerado, disculpen polo tanto a miña falta de obxectividade.

O mesmo sucede cando o tema de conversasión versa acerca do noso Ribadeo. Certamente Ribadeo nun éos centro do Universo, pero a nós parécenolo e ás veces damos unha imaxe á vista dos non ribadenses que interpretan penso, equivocadamente.

 Mellor ilustrar a idea cun exemplo. Ocúrreseme o daquel neno criado cos seus avós que, en ausencia de súa nai, emigrada a Uruguay, á que soio coñecía a través de fotos, por ser el moi cativo cando ela emigrara, falaba constantemente dela ós seus amigos. Mina nai é... Miña nai é a mellor nai do mundo. E moi rica, moi alta, ten uns ollos fermosos.

Pasados os anos, a nai atravesa de volta o Atlántico e o fillo encandilado, co corazón a piques de sairlle de peito, espera ó pé do barco cun amigo a baixada de sua nai. Un viaxeiro, outro, outro...

Di seu amigo: "Esa é, ¿non dis que é moi fermosa?" "Non. Esa non é"- contesta. "¿Será aquela?". Tampouco. Ata que ó fin descende pola escaleira unha muller vestida con roupa que delata moito uso, pel enrugada, mirada triste e aire cansino, trocado en paso alegre o ver a poucos metros a faz radiante do seu fillo esperándoa cos brazos abertos. O rapaz mira a seu amigo e di: "Ves. Esa é mina nai. A muller mais guapa de mundo!

Dende esa visión filial, entrañable, na que tódolos fillos vemos a nosa nai como a mellor nai de tódalas nais, asi é como os ribadenses sentimos a nosa terra. “O MELLOR LUGAR ENTRE TÓDOLOS LUGARES REAIS E IMAXINABLES”.

Querer a nosa terra, neste caso simbolizada na figura materna, non pode ser un defecto, senón manifestación de amor. Gaita, gaiteiro, emigración. Outra constante na miña vida. Si, porque nacín preto da Granxa Pedro Murias,

froito das inquedanzas do ribadense indiano afortunado en Cuba. A miña imaxinación infantil matinaba a cotos con América. O primeiro continente do que oín falar. E prendeu en min. Cuba, Uruguay, Argentina, México, Estados Unidos, Canadá. Normal por outra banda, pois acolá tiña e sigo tendo parentes e veciños da familia.

Recordo como si fora hoxe a fotografia recibida por meus avós maternos na que aparece Fidel Castro e meus tios, Antonio Santiago, nun almacén habanero ca dedicatoria dos tres. Eran os primeiros meses tralo triunfo da Revolución, cando Fidel participaba das simpatias de case tódolos cubanos. Despois souben da existencia de Europa, e de Australia, para min o fin do mundo, onde emigrou para traballar e casar miña madriña.

Ven esto a conto do monumento ó Gaiteiro e a súa financiación.

Esa pedra traballada polo ourensán Failde, débese ás aportacións dos ribadenses, Diputacións galegas, vilas, ciudades e sociedades galegas e do resto de España, pero tamen abondan, tal e como escribín nun artigo publicado en 1990 co titulo ”HOMENAXE AO GAITEIRO GALEGO” no XXV aniversario da súa inauguración en Santa Cruz, aportacións procedentes de lugares tan distantes como Montevideo, Bos Aires, Nova Iork, California, Lisboa ou Alemania, entre outros.

As 87.000 pts. en que foi contratado o monumento, foron aportadas pola Galicia Residente, simpatizantes, e con grande entusiasmo secundada polos galegos da diáspora. Non puiden constatar ningunha aportación, quizais por falla de pericia, dese galego que din hai na Lúa. Moitas veces ó subir a carón do Gaiteiro, tento descifrar a onde albisca ca súa mirada pétrea. Cunqueiro diría a bote pronto que a Irlanda e a Bretaña.

Eu chego mais lonxe. O Gaiteiro son os ollos da nosa terra galega, rica en belos outeiros como San Roque en Viveiro, o Aloia en Tui, Santa Tegra na Guarda ou Faro en Chantada. Pero Galicia e os seus fillos espallados polo mundo adiante, otorgaron seu consentimento e contribuíron a facer realidade a formidable idea dos Amigos da Gaita: "Honrar tódolos gaiteiros que foron, son e serán, en palabras do recordado D. Ramón Fernandez Higueras,

Mocho dos Enanos, como a él lle gustaba ser chamado, “Universidade da paisaxe constituida por Ribadeo, a súa Ría, as montañas, piñeirais e tamén Figueiras, Castropol, A Veiga, as costas e o mar... en fin, todo canto a vista abrangue e mais, moito mais”.

Nese "moito máis”, estou certo, deberon pensar o construir a Aula da Natureza e a sua bóveda, branca como a neve que no inverno nos regala a serra da Bobia, que albergará un telescopio co que o Gaiteiro e todos nós albiscaremos os mais recónditos rincóns da nosa galaxia, a Via Láctea ou mellor, Camiño de Santiago.

 Pregoar a Xira a Santa Cruz neste ano 2000, tan simbólico, bisagra entre ó século XX que se nos vai e o XXI que nace cheo de ilusións, invita a voltar a mirada atrás, coma nun soño rápido, ó estilo do monxe da Cantiga CIII pertenecente as Cantigas de Santa Maria de D. Alfonso o Sabio, que sonando no ceo, ficou durmido á beira dunha fonte, mentras ouvía cantar un paxariño. Cando este calou, voltou o frade ao seu mosteiro, pero todo estaba ali trocado e ninguén o coñecia xa. O paxariño estivera a cantar durante trescentos anos, e él, de xeonllos, agradeceulle á Virxe ese enlevo de tres séculos, pasados na brevedade dunha hora pola docísima beleza daquel rechouchiar celeste.

 Non teman vostedes, non vamos ficar aquí outros trescentos anos, estou a piques de rematar; o tempo está controlado por activa e pasiva, así que os que me recomendaron un pregón non moi extenso, entre eles o Sr. Alcalde onte, ben entrada a noite, nun encontro casual, poden respirar tranquilos, incluso a miña dona que ten un sentido innato  do equilibrio.

Si pechámo-los ollos coma o monxe ¿que podemos ver evocando a Xira, o Gaiteiro e Santa Cruz?

Eu véxome retratado, sendo neno, feliz, cos meus pais e meu irmán nunha foto co selo de Foto Pérez, comendo en Santa Cruz na Xira.

 Vexo un neno de doce anos con ollos coma pratos o un de agosto de 1965, dia da inauguración do monumento ao Gaiteiro Galego, e a Polifónica dos meus amores, cantando e dirixida maxistralmente por Carlos Fernández-Cid, como hoxe o é pola nosa querida e admirada Carmen Rodriguez Cancelo.

Véxome actuando ca Tuna do Instituto Laboral, da que formei parte con Loli Andina, Teresa Martínez, Falo de Columbiano, Garcia, Diaz, José Luis Expósito, ou os mais pequenos Juan Andina, Suso de Ventura ou Moncho do Crixo.

Que curioso. O mesmo Instituto onde hoxe exerzo a doucencia. Vexo a Lilo no seu microbús no que tantas veces temos viaxado, as cestas cheas de ricas viandas, incluso en épooas de penuria nas que un pito era o summum gastronómico.

Vexo a familia, os amigos, noiva, hoxe miña dona, fillos !Que máis se pode pedir!

A vida, di Lobo Antunes, “escribese sen goma de borrar“.

iQue mais da! Se poidera borrar, eu non borraría nada, son enormemente agradecido, por herencia de meus pais e consecuente.

Sostiña Jaspers que·“ soio a través da busqueda dun mesmo pode o eu acadar o real, o ser". Sintome afortunado de nacer e vivir nunha Vila Meiga, cunha Ría compartida, na que quen lles fala vive con paixón todo o que signifique ribadensismo, ó que de cando en vez trata de aplicar unha cura de humildade viaxando. Porque Ribadeo non é o ombligo do mundo. É un lugar do mundo.

En frio é doado razonalo, pero... en quente xa é outro cantar.

O Viejo Pancho, Ibañez, o pintor Fierros, Dionisio Gamallo, Dámaso Alonso, Luz Pozo, Daniel Cortezón, Barcia Trelles, os Calvo Sotelo, Las Riberas del Eo, La Comarca, actualmente "del Eo", Amigos da Gaita, a Filantrópica, Polifónica, Banda, Ribadeo F.C., Emma Cuervo, Escola de Nautica...

Perdón por non citar mais, pois son tantas as institucións e persoas a destacar que producen unha impronta na vida ribadense.

Quen sube a Santa Cruz ten o privilexio de sentir o latexar da Galicia máis profunda, a medieval do rei Alfonso X o Sabio, de Martin Códax, a dos séculos escuros, ca relevancia do pobo chan que perpetuou a súa lingua de modo oral, a Galicia de Pintos, Rosalia de Castro, Curros e Pondal, da Xeración Nós; do Seminario de Estudios Galegos, de Cunqueiro. Para que seguir.

E dentro desa Galicia profunda, auténtica, a Figura do Gaiteiro secular do que o salmantino Ventura Ruiz Aguilera, en 1860, en poesía adicada a Murguía referíndose á gaita escribe:

"que no sé deciros si canta o si llora."

Anos mais tarde, en 1863, Rosalía no poema "A gaita gallega" adicado a Ruiz de Aguilera di:

” eu podo decirche non canta, que chora “.

Según Lamas Carvajal tamén existe a Gaitoterapia, ou sexa o arte de curar con música de gaita.

 

Parece ser que un soldado galego a quen daban por morto, curou na Habana ó escoita-la gaita.

Pintos no seu libro "A Gaita Gallega" escribe:

“¿Non che abonda de lembrarte

que hasta milagres fixeron

nos espitales do norte

os tocares dos gaiteiros?

¿Que os atacados do gripe

E máis do cólera negro,

das camas brincaban sans

ó oir aquel son do Ceo? ”

Rosalia de Castro ve ao gaiteiro asi:

" Un repoludo gaiteiro

de pano sedan vestido,

como un principe cumprido

cariñoso e falangueiro...”

Para Curros Enríquez o Gaiteiro é:

" Xentil, aposto, arrogante,

en cada nota o gaiteiro

ceibaba un limpo diamante

que logo no redobrante

pulia o tamborileiro. ”

Hoxe é dia do pregoar as excelencias da Xira qua mañá celebraremos todos cheos de ledicia.

Neste fermoso Auditorio no que teño a honra de ser o primeiro pregoeiro da Xira de Santa Cruz e do Dia da Gaita galega no ano de gracia do 2000, vivámo-la festa facendo nosos os versos de Lamas Carvajal:

”Fillos da nobre, leal Galicia;

non despreciedes esta delicia,

facede a gaita máis popular;

ben a muiñeira, ben a alborada,

deixade sea sempre tocada

n-aldea e souto, no monte e val. "

 

Permítanme ramatar cuns versos da ribadense Luz Pozo Garza a través dos que sinto a Santa Cruz e á Xira como o lugar

"Onde moran os que aman.

Os vieiros que me levan

persisten na acordanza

dunha historia única ".

 

FELIZ XIRA. moitas gracias

Sábado, 5 de agosto de 2000