Presentación

A asociación "AMIGOS DA GAITA GALEGA" nace o 17 de xullo de 1962 da man dos irmáns Carlos e Amando Suárez Couto arroupados por un reducido grupo de amigos cuns fins moi sinalados e ambiciosos e coa finalidade derradeira de honrar á gaita galega.
Un destes fins foi crear un grupo de gaiteiras e, apoiándose no gaiteiro Primitivo Diaz nace "SAUDADE", primeiro grupo de gaiteiras xurdido en Galicia.As súas actuacións foron aplaudidas dentro e alén das nosas fronteiras.
Outro dos obxetivos foi erixir no monte de Sta.Cruz,verdadeira atalaia e mirador sobor da ría de Ribadeo, un monumento en pedra granítica en honra ó gaiteiro galego.Cincelado polo escultor ourensán Failde,foi inaugurado oficialmente en Agosto de 1965,ainda hoxe é único no seu xénero en Galicia.
"A XIRA" de Sta.Cruz viña celebrándose dende moito atrás máis a Asociación fíxose cargo da organización da mesma dende o ano 1965 e fixou a data do primeiro domingo de agosto para celebrar o que dende entón se coñece como "DIA DA GAITA GALEGA E ROMARIA A SANTA CRUZ",festival folclórico popular e festa gastronómica,recoñecida de interese turístico nacional dende 1980,que se desenrola ó aveiro do bosque que rodea o monumento do gaiteiro galego.
Na actualidade a sociedade conta con máis de 350 socios,pódense considerar máis de 1000 xa que cada titular ampara ó séu conxuge e ós fillos menores de 18 anos.
Entre as súas actividades está o mantemento dunhas escolas de música e danza tradicionáis que veñen funcionando ininterrumpidamente dende o nacemento da asociación.Mantendo tamén unha estreita colaboración có grupo mixto "FOLLAS NOVAS".