LEMBRANZAS DE UN ANIVERSARIO
50 ANOS DE “AMIGOS DA GAITA”
No ano que vímos de rematar cumpríuse o 50 aniversario da fundación da nosa Asociación e con este motivo celebramos diversos actos que resumimos de seguido:
MARZO: Quixémos facer unha homenaxe aos páis dos alumnos das Escolas, e tamén a tódolos páis, con pasarrúas e actuación no Cantón dos Moreno; aproveitamos asemade para presentar o logo do 50 aniversario que utilizamos en tódalas actuacións de este ano.
ABRIL: Despós de un acordo acadado coa Sociedade Filantrópico- Dramática orgaizamos unha velada de teatro na que O CIOYO representóu “A maldición da pita roxa” con absoluto éxito tanto artístico como de público o que nos déu pulo para que no futuro continuemos esta mesma líña.
Colaboramos, según é habitual, coa Semana Santa na procesión do Domingo de Gloria.
MAIO: Co patrocinio da Filantrópica celebramos o “I FESTIVAL INFANTIL” co gallo do Día das Letras Galegas e coa participación das agrupacións “O ARCO DA VELLA” de San Miguel de Reinante, “AIRIÑOS DO XUNCO” de Cervo e as nosas Escolas; o resultado espectacular e, sin lugar a dúbidas, terá continuidade en sucesivos anos.
XUÑO: Participamos no “XX Festival Infantil” de San Miguel de Reinante.
AGOSTO: Mes clave para esta Asociación porque “toca” A XIRA e, como non podía ser de outra maneira, preparamos un cartel sin reparar en esforzos tanto económicos como persoáis.
Así para o Pregón contamos coa gaiteira Susana Seivane que nos deleitóu tanto coas súas verbas como coa súa música. En este acto presentamos o libro que recolle os pregóns dende o ano 1.991 ao 2.011 que editamos co patrocinio da nosa Diputación, púxose de seguido a disposición dos Socios e actualmente pode adquirírse nas librerías “Bis a Bis”, “Gráficas Santiago” e “Vivín”.
De seguido celebramos unha queimada popular que escenificóu “Airiños do Xunco” de Cervo; madia que as inclemencias do tempo impedísen unha maior asistencia de público, o concerto previsto de Susana Seivane así como acadar maiores ingresos coa venda dos copitos que, en lembranza do 50 aniversario, tíñamos preparados.
O día da XIRA enchémolas rúas da Vila dende primeira hora da mañá con sete agrupacións con música e baile e logo celebróuse unha mostra no Cantón dos Moreno e tamén poidemos contar coa participación dos nosos queridos “Cocos e cabezudos” ata o momento de subír a Santa Cruz. Alí continuaron as actuacións polo medio das comidas a despós da tradicional ofrenda ante o Gaiteiro houbo unha nova mostra dos grupos.
O día 15 participamos nun festival organizado por Airiños do Xunco en Cervo e o día 18 na festa celebrada no muelle de Porcillán polo Real Club Náutico; tamén participamos nas festas do copatrono da nosa Vila San Roque.
SETEMBRO: Participamos nas festas patronáis en diversos actos e acompañando aos Cocos e cabezudos.
OUTUBRO: Por fín se acadóu un dos obxetivos que a Xunta Directiva perseguíu dende a súa toma de posesión e fói o poñer en valor as instalacións deportivas da Asociación e así, despós de intensas negociacións con promotores privados e o Concello, inaguróuse o “Club de Padel Ribadeo” que conta con catro pistas de padel, unha de ténis, gimnasio de quencemento e club social; é unha instalación moderna e modélica na zona, adicada fundamentalmente a un deporte en alza e que sin dúbida acadará beneficios para os promotores, para a Asociación e para a poboación e o comercio da nosa Vila.
NOVEMBRO: Celebramos o terceiro magosto popular co notable éxito que a desfavorable climatología permitíu; fói unha tarde- noite chéa de actuacións espontáneas, moita música e baile e remate con queimada.
DECEMBRO: Colaboramos co Concello e con ACISA con pasarrúas e talleres de música durante o “Mercado do Nadal”.
¿Cómo vemos o futuro?, póis co total optimismo que nos aporta o contar con unha sólida e crecente masa social que, entre titulares e amparados, acada xá a máis do 10% da poboación da nosa Vila, con récord absoluto de alumnos nas Escolas (falta pouco para os 100 si ben a maioría son alumnos de baile e debemos constatar carencia de novos gaiteiros) e con unha economía que, dadas as circunstancias, podemos considerar saneada xá que nos permitirá acadar os obxetivos marcados.
Procuraremos incrementar as actuacións das Escolas e para élo mantemos diversos contactos mesmo no extranxeiro; poñerémonos especialmente ao dispór das Comisións de Festas das Parroquias xá que temos gran interés en esta colaboración.
De todo élo manteremos informado como é a nosa costume e tamén utilizando as novas tecnologías e así, si ben en fase de probas e en contínua ampliación, está xá a disposición de todo o mundo a páxina web da Asociación no enderezo www.amigosdagaita.org en donde non soio se poden consultar datos i eventos e participar interactivamente senón tamén ligar con outras páxinas da nosa Vila.
Rematamos dando as grazas a tódolos que nos apoian e axúdan, tanto particular como institucionalmente e, sobre todo, aos nosos alumnos, verdadeiro xérmolo e norte daqueles aos que hoxe nos toca rexentar esta Asociación.
Ribadeo, Xaneiro de 2.013
XUNTA DIRECTIVA.